Subvención para a
adquisición de ordenadores persoais para traballadores autónomos
Beneficiarios.
Traballadores autónomos con residencia na Comunidade Autónoma de Galicia, agás
determinadas categorías de autónomos do comercio retallista.
Plazo e lugar de solicitude:
Está aberto o prazo dende o 7 de xullo e manterase ata que a Xunta de Galicia esgote o
orzamento de 1 millón de euros dispoñible para o ano 2009.
As solicitudes tramítanse exclusivamente a través das empresas colaboradoras,
como a titular desta páxina web.
Investimentos subvencionables e non subvencionables.
• Adquisición dun ordenador persoal portátil ou de sobremesa.
• O ordenador deberá incluír o sistema operativo Linux.
• O ordenador deberá dispor de navegador de Internet en software libre tipo
Mozilla Firefox versión 2.0 ou superior.
• O ordenador deberá dispor de paquete ofimático en software libre tipo
OpenOffice versión 2.0 ou superior.
• No caso de ordenadores de sobremesa poderán estar incluídos os periféricos de
usuario necesarios (pantalla, teclado e rato).
• Non se considera subvencionable a adquisición de licenzas de software
adicionais á subministración básica do ordenador persoal, outros periféricos
(por exemplo: impresoras, discos externos, etc), ou outro tipo de terminais (axendas
electrónicas, tablet PC, teléfonos móbiles, etc).
Intensidade da axuda.
• A axuda acadará o 45 % do investimento subvencionable, cun límite máximo de
350 € para cada solicitante.
• O investimento subvencionable determínase aplicando a porcentaxe de axuda
sobre a base impoñible, excluíndo o IVE correspondente, que deberá ser aboado na
súa totalidade polo beneficiario.
Documentación que deberán de presentar os traballadores autónomos.
• Fotocopia do DNI ou NIE, en vigor, no que deberá constar o enderezo dentro da
Comunidade Autónoma de Galicia.
• Fotocopia de documento de pago mensual á Seguridade Social do mes anterior á
solicitude, do Réxime Especial de Traballadores Autónomos. (Fotocopia do último
TC1 pagado).
• Tamén deberá identificar o autónomo o epígrafe do IAE no que se atopa inscrito
para a súa actividade económica. Posteriormente deberá asinar unha declaración
na que se responsabiliza da veracidade dos datos e autoriza á Consellería á
verificación de ditos datos tributarios.